Di a tradición que a Virxe se apareceu sobre unha peneda onde hoxe se ergue a ermida e que pedíu que alí se lle levantase un santuario. Enterado, en 1454, o bispo frei Pedro de Silva que os veciños comezaran a edificar un oratorio sen o seu permiso, acorda realizar unha averiguación sobre os feitos, resolvendo a continuación da obrae que as dádivasque percibise a ermita se dividisenen tres partes: unha para as reliquias de Santa Eufemia, outra para a fábrica da ermida e outra para o ermitán que se había facer cargo. A ésta primeira épocapode pertencer o corpo da Igresa, modificado nos séculos posteriores, aínda que será a construcción do denominado "camarín" do s. XVIII a obra máis importante.
Unha inscrición funeraria altomedieval aparecido no adro, onde se pode ver, é testemuño da antigüedade do lugar.
Na fermosa carballeira celébrase unha roma´ria o 15 de Agosto e o 8 de Setembro. Antigamente contaba con danzantes e foi famosa tamen polos alborotosque se producían na festa. Ese día sóbese en procesión dende a capela Santa Lucía por un camiño aberto en 1857 sobre outro anterior, sobre o que anota o párroco daquel entón que interviñeron na súa construcción 960 peóns Tratábase dos veciños que o fiseron de balde). Aparece xalonado por pequenas capelas-calvario de cuberta piramidal. A fonte, emprazada pouco antes da chegada á ermida, foi remodelada en 1729. O estar emprazada no alto pódese disfrutar da vista de todo o Val de Riocaldo.