No primeiro terzo do século XVIII, Don José Martinez y Parga, párroco de San Salvador de Manín e Lobios, debido a que seu curato non tiña casa reitoral, edifica no lugar da Escusalla a súa residencia.
Compostas dunha parte principalcon planta en U de alto e baixo con tres cuartos de habitación, un deles adicado a cuarto de seguridade ou refuxio e outro posiblemente a latrina. Ás estancias accederíase por un corredor de madeira sobre seis pilastras pétreas,ó cal se accedía por sends escadas do mesmo material, ben traballadas, en cada ala do edificio. Mirando ó río Limia unha solaina interior que conduce á balconada sobre catro canzorros moldurados. Os baixos funcionaban como cortes e lagar, mentres que as contruccións ó redor do patio faríano como bodega-paneira e cociña. Na capela adicada a San Xosé destaca o retablo pétreo.
Sobre esta casa e máis propiedade fúndase en 1739 unha capelanía colativa para clérigos ata que no s. XIX pasa a mans particulares.
O que nun principio foi residencia e despois fundación piadosa, co paso do tempo e o abandono, foise envolvendo de misterio e lendas cáseque ó mesmo ritmo que avanzaba a ruína do edificio.