Ao carón da Via Nova asoma hoxe un edificio de índole civil no que as excavacións nel realizadas permiten destinguir dous ámbitos funcionais ben diferenciados de cronoloxía baixoimperial (s. lll-V dC) : unha instalación termal e un ambiente de cociña.
A estrutura e disposición formal de edificio corresponde a unha villa ou casa de campo dun terratenente. Sen embargo a súa localización tanto é pe da propia hoxe destruída polo camiño actual como nunha zona na que os investigadores sitúan a mansio Aquis Originis identificada co entorno de Baños de Riocaldo, fan pensar que este edificio préstase tamén os servizos de índole pública correspondentes a esa estación de posta romana ou mansio denominada Aquis Originis.
O ámbito termal correspondente a unhas instalacións de tipo hixiénico e lúdico, pero tamen cabe sospeitar un aproveitamento estacional oa ar libre libre do nacente de augas quentes próximo, e por estar inmediato ó río quedaría moitas veces anegado no inverno. Neste caso, fronte as termas hixiénicas, estaríamos xa ante un balneario termal con virtudes terapeutico-relixiosas das que a aparición recente dunha ara dedicada ás ninfas é unha boa mostra.
O ambiente termal desta vila/mansio está composto por un corpo rectangular, con orientación NO-SE no seu eixo maior, estruturado a súa vez de acordo cun largo pórticoou corredor de acceso. A disposición e caracterización das distintas estancias e a súa proximidade ó centro emisor de calor ou praefurnium móstrannos a circulación dentro do edificio, de acordo cun esquemade sa fría, sa temperada e sa quente, regresando en sentido inverso.