• Español
  • English
  • Português
  • Français
  • Italiano
  • Deutsch
  • Català
  • Galego
  • Euskera
PENSION-RESIDENCIA AS TERMAS -
P.R.As Termas es una casa de piedra rústica situada en el Valle de Santa Maria de Riocaldo. Estamos frente a la playa fluvial de Riocaldo, a 100 m. del balneario y a 50 m. de las charcas de agua caliente (aguas termales) donde se puede tomar baños libremente en cualquier época del año, ya que son públicas y gratuítas.


Interior.

Disponen de 11 habitaciones
- 3 dobles con bañera
- 6 dobles con plato-ducha
- 2 simples con plato -ducha

Todas ellas tienen televisión, calefacción y unas excelentes vistas al rio y a la montaña

Salón de estar con televisión.

Se ofrece servicio de desayuno, para los clientes hospedados en este establecimiento, ( no va incluído en el precio de la habitación)



Exterior.

Zona ajardinada

Disponen de un merendero privado con mesas y bancos de piedra, donde ustedes podrán preparar una barbacoa o cualquier otra cosa y compartir con familia y amigos.

Lavadero y tendedero común ( al aire libre )

Una amplia terraza equipada con mesas y sillas

Aparcamiento
A FLORA DO XURéS
   

O Concello de Lobios sitúase nunha zona de transición entre dúas grandes rexións florais europeas: A Eurosiberiana (provincia atlántica) e a Mediterránea (provincia carpetano-leonesa). Por ese motivo, a vexetación alterna bosques de árbores caducifolias, características de condicións climáticas húmidas, cos de folla perenne como son a sobreira (Quercus Suber) ou o érbedo (Arbutus unedo)máis adptados á falla de auga durante determinados períodos do ano. Outra característica do concello é a súa oragrafía abrupta, con fortes contrastes altitudinais que oscilan entre as cotas próximas ós 260 m. e as superiores ós 1.500 m., diversidade que introduce e matiza tamén diferencias entre a vexetación. Polas áreas de montaña das serras de Santa Eufemia ou Xurés esténdese poboacións de reboleiras ou cerquiños (Quercus pyrenaica) que nas zonas máis altas acompáñanse do piñeiro silvestre(Pinus Sylvestris) e do teixo (Taxus baccata). Nos cumios das serras predomina a vexetación de monte baixo e só ailladamente atopamos reboleiras, acivros (lles aquifolium) e cancereixos (Sorbus aucuparia). Os bosques da zona baixa do Limia está formado principalmente por poboacións de carballos (Quercus robur), xunto co castiñeiro (Castanea sativa), a sobreira e o piñeiro común (Pino pinaster), si ben non faltan o loureiro (Laurus nobilis), o érbedo e o sanguiño (Frangula alnus). A traveso dos cen ríos e regatos que percorren as serras cara a fondal do val do Limia atopamos como bosque da ribeira a os bidueiros (Betula celtiberica), os freixos (Fraxinos angustifolius), os amieiros (Alnus glutinosa), os chopos (Pópulus trémula), as abeleiras (Corylus avellana) e varias especies de salgueiros (Salix sp.).
En canto o mato, as matogueiras están basicamente constituídas por toxos e uceiras, nos que as especies máis características son o toxo (Ulex minor), a carqueixa (Pterospartum tridetatum), diferentes especies de uceiras (Erica australis subsp. Alyssoides). No val de Riocaldo incorpórase a esta matogueira unha genista de óptimo mediterráneo occidental, Genista tricanthos.
Os chans de menor desemvolvemento están ocupados por pasteiros de especies anuais que florecen na primavera e morren un ha vez entrado o verán. Só algunhas especies de tomiño rastreiro (Thymus caespititius) son capaces de colonizar este medio. Acompáñao con frecuencia unha especie endémica (Sedum pruinatum) que apenas amplía a súa área de distribución fóra das áreas protexidas do parque.

Os Baños - Riocaldo - Lobios - 'BAIXA LIMIA' - (Ourense) - pensionastermas@hotmail.es - 686876435-988448284-686876435
Web realizada por RuralGest (gestión de alojamientos y centrales de reserva)